13 de feb. de 2011
Coa dignidade por diante, fronte á cerrazón do españolismo
Raul Agné abandona a roda de prensa porque non lle deixan responder en catalán.Oxalá houbese aquí alguén tan valente e con tanta dignidade (o hai, o sei,o noso pobo está a espertar)
Veño de ver iste boísimo comentario en Carta Xeométrica:
"O vídeo que presentamos aquí é como as boas películas de medo. Non vemos ao mostro pero percibimos claramente a súa presencia.
Raúl Agné, entrenador do Girona, contestara tres preguntas en castelán, porén a cuarta respondeuna en catalán. Entón foi interrumpido por varios periodistas que lle esixiron que falara en castelán. Agné díxolles "contesto unha en catalán e despois a vostesdes en castelán, non hai problema", no entanto os periodistas non o aceptaron. Entón o entrenador do Girona realiza o exorcismo: "non podo falar en catalán?, pois non hai rolda de prensa."
Eu non sei cales son os vieiros polos que discorre o deporte galego, mais coñecendo dos males que padece a sociedade no seu conxunto, sospeito que un caso así non sucedería nunca en Galicia. As razóns de que non haxa un Agné galego están en que aquí o común é que levemos o monstro dentro do corpo e que moito antes de enfrentarnos a ningún zunante que nos prohíba falar en galego, xa temos asumido que o idioma dos galegos é o castelán.
Sendo así as cousas, cómpre, pois, un exorcismo colectivo."
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario