A Xunta segue marcando as diferenzas
A Xunta repartiu nun xornal este domingo (non fai falta dicir cal, que outro non podía ser) o folleto promocional da marca 100% galego. E como sempre, a Xunta decidiu marcar a diferenza coa norma oficial do galego. Velaí o texto, que podedes descargar aquí (pdf):
(en As miñas historias)
Marcamos a diferencia cunha terra privilexiada
Grazas ó noso carácter oceánico, con temperaturas suaves e abondosas precipitacións, Galicia atesoura 500.000 hectáreas de pastos e cultivos forraxeiros
Marcamos a diferencia coidando o noso gando coma ninguén.
Os servizos veterinarios oficiais de Galicia realizan cada ano 2.700 controis do benestar animal nas explotacións de vacún, o que constitue o 40% do total español
Marcamos a diferencia controlando a calidade e vixiando a túa saúde.
O Laboratorio Interprofesional Galego da Análise do Leite analiza diariamente os parámetros do leite e certifica a súa calidade. Ademáis, 700 profesionais sanitarios da Xunta velan pola garantía sanitaria do leite da marca Galega 100%.
Marcamos a diferencia creando un selo único
Galega 100% é leite procedente de granxas incluídas no Rexistro de Explotacións de
Calidade diferenciada creado polo Decreto 57/2010, que cumpren cuns requisitos de calidade excepcionais e superiores á esixente normativa comunitária.
Porque queres o mellor para os teus
Galega 100% garante a trazabilidade do mellor leite galego desde a granxa ata a túa casa e distingue o leite de calidade superior
E o mellor, é algo moi noso.
Busca o selo Galega 100% en todos os productos lácteos e disfruta do mellor leite.
(en As miñas historias)
Ningún comentario:
Publicar un comentario