O primeiro reino nacido en Europa, cando aínda lle quedaban ao Imperio Romano sesenta anos de existencia
Mil seiscentos anos do reino (suevo) en Galicia
Moito tempo despois, as vicisitudes históricas precipitaron a Galicia ata a situación de amnesia nacional en que hoxe se atopa, mais é tamén a Historia quen demostra con plena certeza que esta é unha das nacións europeas de emerxencia máis antiga.
Pero o que de verdade chama moito a atención é que aquí apenas ninguén lembrase os nada menos que mil seiscentos anos da creación do Reino de Galicia, que se andan a cumprir entre o ano pasado e o presente. Tan só a entusiasta iniciativa persoal de dous amigos (Francisco Padín e Emilio García) e o patrocinio do Concello de Pontevedra permitiron celebrar nesa cidade no mes de outubro do pasado ano un Congreso sobre o tema (ao que os medios de comunicación prestaron unha atención ínfima). O primeiro reino nacido en Europa, cando aínda lle quedaban ao Imperio Romano sesenta anos de existencia. Xa non un itinerante pobo bárbaro comandado por un "rei" á súa cabeza, senón unha entidade política territorializada, por máis que durante varias décadas persistise aínda unha fractura social de raíces étnicas.
Moi pronto, os seus límites sobordaban a Gallaecia e se estendían pola Lusitania, acadando as proximidades de Lisboa. A estabilidade territorial deste reino galaico foi extraordinaria, pois con moi poucas oscilacións persistiu ata finais do séc. XI, o cal tira por terra ideoloxemas historicistas de conquistas, reconquistas e repoboacións.
(Terra e Tempo)
Ningún comentario:
Publicar un comentario