Botou o café
Na cunca
Botou o leite
na cunca de café
Botou o azucre
No café con leite
Coa culleriña
Remexeuno
Bebeu o café con leite
E pousou a cunca
Sen me falar
Prendeu
un cigarro
Debuxou ondas
co fume
Botou a cinsa
no cinseiro
sen me falar
sen me ollar
Ergueuse
Puxo
O seu chapeu na testa
Puxo o seu chuvasqueiro
Porque chovía
E marchou
so a chuvia
sen unha palabra
sen me ollar
E eu botei a man á testa
E chorei
Ningún comentario:
Publicar un comentario