26 mar. 2012

Visita de Xabier P. Docampo ao noso centro

O luns pasado co gallo da lectura de O misterio das badaladas visitounos Xabier P. Docampo na biblioteca. Falounos do oficio de escritor e do beneficio da lectura para entendermos o mundo. Asemade díxonos que cada lector vive de maneira persoal o que se nos conta nos libros. Unha das preguntas que máis ganas tiñamos de facerlle é o misterio das once badaladas. Só nos dixo que tiñamos que seguir coa nosa pescuda para darmos con ese misterio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario