10 de abr. de 2013

Visita de Marcos Calveiro





Onte visitounos o escritor para falarnos da novela Palabras de auga (libro de lectura para os alumnos e alumnas de 1º de ESO), premio Merlín de Literatura infantil e xuvenil 2012. Por medio de diapositivas falounos do marco espacial que desenvolvía a novela (África) e mais da problemática dos nenos escravos nas minas de coltan e mais dos nenos soldado. Despois puidemos preguntarlle sobre aspectos da novela. Temos que darlle as grazas por ser moi amena e interesante a súa charla

Ningún comentario:

Publicar un comentario