27 de feb. de 2014
MICROCONTO GAÑADOR DO CONCURSO 2014
ACHÉGASE SAN VALENTÍN
Faltaba soamente unha semana para San Valentín e Sara, a moza de Pablo, aínda non sabía como agasallalo. Chegou o día anterior e non tiña agasallo. Pola tarde saíu buscalo. Pensou nuns doces, pero parecéronlle que estaban moi vistos. Mirou un reloxo, pero era demasiado caro. Tamén un anel: non sabía o seu talle. Roupa, pero non era o adecuado para ese día...Estivo toda a tarde de tendas e...Por fin! Alí, na tenda de lápidas da praza, atopou o agasallo perfecto.
PAULA FERNÁNDEZ MOSQUERA (2º A)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario