10 de abr. de 2014

VISITA DE ELENA GALLEGO ABAD //MANIFESTO CORRELINGUA 2014




Visitounos o luns 8 de abril a escritora da saga DRAGAL. Este libro foi lectura do alumnado de 1º de ESO. No blog BiBlog da Biblioteca deste centro temos imaxes e un comentario a esta visita.




O alumnado de 3º de ESO fixo este manifesto a prol da lingua para mandalo ao Concurso de Manifestos do Correlingua deste ano.


 


MANIFESTO
CORRELINGUA 2014
O PASO ADIANTE
Imos dar o paso adiante
Que ninguén nos negue iso
Chegamos ao Correlingua
Damos proba de bo siso

De Galiza vimos sendo
Non da Franza ou somalís
Por iso dicimos sempre
Falo galego, son de aquí

No Correlingua estamos
Pola lingua do país
Dos nosos fillos e netos
De todos os que están por vir

Imos dar o paso adiante
Que ninguén nos negue iso
Chegamos ao Correlingua
Dámos proba de bo siso
Viviremos en galego
Falarémolo a todas horas
Cando mercamos os lapis
Cando nos doan as moas

Imos dar o paso adiante
que ninguén nos negue iso
chegamos ao Correlingua
dámos proba de bo siso

Que a médica e o enfermeiro
Na lingua nai nos atendan
Non nos sintamos estranos
E outra lingua nos vendan

As Mates e Tecnoloxía
En galego nos negaron
Porque tiñan moita présa
Noutra lingua predicaron

Imos dar o paso adiante
Que ninguén nos negue iso
Chegamos ao Correlingua
Dámos proba de bo siso
Refugamos dos que cren
-os “escuros” de Pondal-
Os que pensan que o galego
Vailles facer moito mal

O galego é vetado
Nos xornais e nas revistas
Quedamos sen xornalismo
Polos que son arribistas

Imos dar o paso adiante
Que ninguén nos negue iso
Chegamos ao Correlingua
Dámos proba de bo siso

AGORA DÁ O PASO ADIANTE
E DARÉMOLO TODOS NÓS
PARA QUE NON NOS ATRANQUEN
A LINGUA DOS NOSOS AVÓS

PSEUDÓNIMO : verceiros

  Para ver máis sobre o Correlingua ide a este enderezo www.correlingua.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario