O Entroido no Carballiño
é alegre e apaixonado
Non se celebra no Miño
O arenteiro está ao lado
No Instituto non é diferente
os mecos dinnos qué levar
pero o venres nós decidimos
o disfrace para o "Carnaval"
...........
No noso Carballiño
O Entroido festexamos
cando polas rúas
as comparsas desfilamos
O Entroido no Carballiño
adoitamos rematar
cunha boa cachucha
á hora de xantar
Ningún comentario:
Publicar un comentario