A da Candeloria (a festa das candeas) ten unha orixe pagá que se remonta a tempos anteriores á romanización. A conmemoración cristiá da Candeloria parece que ten a súa orixe nunha festa romana, a dos "Lupercais", unha procesión de candeas acendidas na noite na que se facían pregarias a Proserpina, a deusa das sementes e da fertilidade dos eidos. Celebración que os romanos quizais tomaron da "Festa da luz" dos pobos celtas, festexo do lume sagrado que liberaba a terra, propiciando a fertilidade e o espertar do sol.
Na cultura popular galega a da Candeloria é "a festa da luz", xa que comezan a medrar os días e a facerse más pequenas as noites, xa falta pouco para primavera( coincide na metade do inverno, no intre xusto entre os solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, ... Tamén é o momento que volven os paxariños que migraron (e retornan ás súas terras os que aquí pasaron o inverno) e se emparellan para facer xuntos o niño.
Como xa pasou con outras festas, acabouse cristianizando e converteuse no día da Purificación da Virxe. Tamén se bendicen unhas candeas e se fai una procesión con elas por dentro da igrexa. Despois esas candeas gárdanse para as tormentas,os velorios, ...
A sabedoría de refraneiro galego lembra todos estes feitos e moitos outros da época:
- "Cando a Candelaria chora, a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, a mitá do inverno está por vir, e se chora ou fai vento, aínda o inverno está dentro"
- "Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, metade do inverno está por pasar".
- "O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra".
- "Na Candeloria casan os paxariños e marcha a galiñola"
- "Despois da Candeloria ningunha ave voa soa"
Tamén a literatura galega se fixo eco desta festa. Luís Amado Carballo, en Proel –1927–, incluíu un poema titulado “A Candeloria”:
Na catedral do abrentehoxe cásanse os paxaros,con nubens de neve e ouroestá o ceo galanado.Ficou o día ancoradona ría donda do ceo.Os roibéns soben no lonxecomo rosarios de encenso.O xantar do casamento,roibo, na palma da mandas eiras madrugadorasxa está arranxado no val.Vai tocando polo campoa súa zanfona o regoe canta o vento nas farpassonorosas dos piñeiros.O campo as montanas ruzasenvolve en capa pluvialco hisopo do sol molladodálles a beizón nupcial.Do casebre nugallánsoben os vivas dos galose na festa desta noiteestrena un luar o campo.
Por iso é algo moi especial e de moita honra podermos celebrar a festa no amor na Candeloria, no día que casan os paxariños
- O Equipo de Dinamización da Lingua, xunto do Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Convivencia convocan una concurso de mensaxes de amor curtas (menos de 280 caracteres) que pode ter un destinatario-a folgado (namorado, namorada, pai, nai, amigos, lingua, ...).
Ningún comentario:
Publicar un comentario