A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta
A poeta da Cidade Alta
Luísa Villalta naceu o 15 de xullo de 1957 na rúa Vila de Laxe da cidade da Coruña, espazo vital fundamental que deixaría unha fonda pegada na súa obra. Estudou primeiro no desaparecido colexio das Xosefinas, na rúa de Juan Flórez, e continuou a súa formación no Instituto Eusebio da Guarda. Titulada superior en violín, formou parte da Orquestra de Santiago de Compostela e da Xove Orquestra de Galicia, pero escolleu dedicarse ao ensino tras se licenciar pola Universidade de Santiago de Compostela na daquela Subsección de Galego-Portugués e, posteriormente, en Hispánicas.
En 1988 aprobou as oposicións de docente de Lingua e Literatura Galegas. Impartiu clases nos institutos Xosé Neira Vilas (Oleiros) e de Canido (Ferrol) antes de se incorporar definitivamente ao Isaac Díaz Pardo (Sada), onde promoveu unha intensa actividade cultural. Villalta compaxinaría en diante este labor profesional coa andaina literaria.
Texto da páxina da RAG
Ningún comentario:
Publicar un comentario