29 de xan. de 2010

CONCURSO DE CARTAS DE AMOR 2010

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES nº 1 d' O Carballiño organiza un Concurso de cartas de Amor coas seguintes

Bases:

1.- Poderá participar todo o alumnado de ESO e Bacharelato deste centro.

2.- A carta terá como tema o amor e a extensión será como máximo de dous folios.

3.- Os participantes entregarán as cartas no Departamento de Lingua galega, dentro dun sobre onde tamén irán os apelidos e nome do participante así como o curso.

4.- Haberá dous premios, un na modalidade de ESO e outro na modalidade de Bacharelato.

5.- O xurado estará composto polos integrantes do Equipo de Normalización Lingüística.

6.- O prazo de presentación rematará o venres día 12 de febreiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario