29 de xan. de 2010

CONCURSO DE COPLAS DO ENTROIDO 2010

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES nº 1 d' O Carballiño organiza un Concurso de coplas do Entroido coas seguintes

BASES:

1.-Haberá dúas modalidades, unha para alumnado de ESO e outra para o de Bacharelato.

2.- As coplas realizaranse e cantaranse en grupo (mínimo 3 persoas)

3.-As coplas estarán feitas en galego e cantaranse o venres día 12 de febreiro no Ximnasio do Instituto, como unha actividade máis do Entroido.

3.- As coplas tratarán temas diversos e de actualidade e poderán ir acompañadas da instrumentación que cada grupo considere oportuna.

4.- O alumnado que desexe participar anotarase no Departamento de Lingua galega antes do 12 de febreiro. As coplas presentaranse nun sobre pechado cun pseudónimo. Dentro do sobre irán os datos do grupo (Nome, apelidos e curso).

5.- Haberá premios para as mellores coplas e o xurado estará composto polos membros do E.N.D.L do centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario