29 de xan. de 2010

CONCURSO DE CARTEL CON LEMA PARA A DEFENSA E PROMOCIÓN DO GALEGO

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES nº 1 d' O Carballiño organiza un Concurso de carteis con lema para a defensa e promoción do galego coas seguintes

BASES:


1.- Poderá participar todo o alumnado en dúas modalidades: ESO e BACHARELATO.

2.- As propostas poderán ser presentadas individualmente ou en grupos.

3.- O tema será a defensa e/ou a promoción do galego dirixido á xente máis nova.

4.- Os traballos deberán ser inéditos e totalmente orixinais, que se adapten ao formato DIM A3 para a súa posterior publicación, compostos por un lema en galego para promover o uso da nosa lingua e un deseño en consonancia.

5.- Os traballos serán presentados antes do 15 de abril.

6.- O xurado que outorgará os premios estará composto polas persoas do Equipo de Coordinación de Normalización Lingüística da Comarca.

7.- Algún dos premios poderá quedar deserto se algún dos traballos presentados así o suxire.

8.- Haberá un premio por ciclo ou nivel educativo (ESO e Bacharelato)

9.- Establécense os seguintes premios: Material escolar, libros e camisetas con lema en galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario