21 de feb. de 2010

Día Internacional da Lingua Materna


Hoxe, 21 de febreiro é o Dí­a Internacional da Lingua Materna. Curioso que dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística nos ofrezan recursos e información sobre este día.
O Dí­a Internacional da Lingua Materna foi establecido pola Conferencia Xeral da Unesco en 1999 para promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural.

As propostas para o Día Internacional da Lingua Materna son:

1. Educa no respecto a todas as linguas

2. Transmite o valor da diversidade

3. Cultiva as linguas con menos falantes

4. Fomenta a aprendizaxe de linguas

5. Perde o medo a equivocarte

6. Déixalles aos teus fillos unha herdanza valiosa

7. Acolle as outras linguas que te rodean

8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lingua

9. Practica o ecoturismo lingüístico

10. Fala tamén para os que están preto

Ningún comentario:

Publicar un comentario