26 feb. 2010

Expertos europeos afirman que Galicia non debe dar pasos atrás na protección do galego

Expertos europeos afirman que España debe corrixir severas deficiencias no cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias. As conclusións das 'Xornadas de analisis' celebradas esta semana no Consello da Cultura Galega poñen de manifesto a grave situación que corren as linguas minoritarias no Estado.

Os resultados de devandita análise advirten que ''Galicia non debe dar pasos atrás na xa insuficiente protección do galego no ensino'', segundo destacan os dous informes de cumprimento, e ''debe ofertar un modelo de enseñanaza basicamente en galego e unha adecuada capacitación do profesorado que permita cumprir os compromisos adoptados coa ratificación da CELRM que agora son normativa interna vixente''. Tan só o modelo de educación infantil, de cero a tres anos cumpría as esixencias da Carta tal e como sinalou o informe dos expertos no 2008.

Segundo informa o Consello da Cultura Galega, os especialistas insisten en que os poderes públicos deben adoptar medidas positivas de concienciación social da riqueza que supón o patrimonio lingüístico do Estado. Estas linguas, engaden, fan aos cidadáns que as falan ''exemplos plurilingües da realidade europea''.

Dous días de análise
As xornadas, coordinadas por Alba Nogueira, profesora da USC e membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega, desenvolvéronse durante dous días no Consello e contaron coa participación de, entre outros expertos, Simone Klinge (Secretario da Carta, Consello de Europa), Henrique Monteagudo (USC e CCG), Eduardo Ruíz Vieytez (Universidade de Deusto), Íñigo Urrutia (Universidade do País Vasco), Anna Pla (Universidade de Xirona), Elizabeth Craig (Universidade de Sussex), Gwyn Parry (Swansea University), Robert Dunbar (Universidade de Aberdeen) ou Eva Pons (Universidade Autónoma de Barcelona).

A Carta Europea da Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM) aprobada polo Consello de Europa quere protexer a riqueza lingüística existente en Europa manifestada pola linguas rexionais e minoritarias faladas tradicionalmente nos seus territorios.

A Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM) aprobada polo Consello de Europa quere protexer a riqueza lingüística existente en Europa manifestada polas linguas rexionais e minoritarias faladas tradicionalmente nos seus territorios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario