Hoxe topamos no Blogue de Ana Bande este post que nos gustou moito. O que realmente nos gustou foi o anuncio que deu pé ao post:
Está claro que nestes tempos cómpre buscar parella con alguén coas nosas ideas... será que non hai moitos que as compartan ou será que se nos acabaron as ganas de discutir? Isto é o que di o post inicial:
Porque claro, para que haxa unha auténtica compenetración teñen que concordar tamén as ideas. Iso é ter as cousas claras, si señor. Velaquí un exemplo dignísimo de verdadeira entrega á causa nacional, auténtica fidelidade patria. Vexo aí unha proposta de relación de submisión política e de xénero que pode inaugurar unha cuarta ou quinta vía. Que retorcida son, si, si, é verdade. Pode que si. Pero pensade comigo...¿por que ter ideas galeguistas e ser sensible cos problemas do país é a condición para un contacto meramente sexual? ¿que valor engadido pode aportar un nacionalista de ideas sensibles cos problemas do país á sexualidade desa muller? Poden ser máis de cincuenta e cinco razóns, pero só son quen de imaxinar a unha parella que trata de facelo entre estampas de Castelao arrolados polo son dunha gaita. E está ben que así sexa ¡que carai! É como dicir ¿somos ou non somos? ¿pois entón? falemos claro, que son unha tía seria e non me vou deitar con calquera chiquilicuatre que non teña claro a diferencia de nación e nacionalidade, que non estea ben dotado de argumentos en contra do decreto ou que non teña traia ben estudadas as posturas en torno á lingua, a cultura e o territorio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario