7 de feb. de 2010

Visita de Francisco Castro

Este mércores pasado, 3 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º da ESO do noso centro recibiu a agradábel visita de Francisco Castro, quen lles falou -sobre todo- do libro que previamente leran: Chamádeme Simbad. Poucas veces teño visto ao alumnado tan entusiasmado cun escritor (ata lle escribiron cartas ao día seguinte, que lle faremos chegar), facendo tantas preguntas e desexando unha foto ao seu carón. Riron moito coas súas anécdotas (iso de que caia en calquera lugar...) e coa súa amena charla ("non podo ser modelo de perruquería por razóns evidentes")
Francisco falounos da súa querencia especial por Simbad, por ser o representante de todo aquel que quere vivir aventuras. Asegurou que no 90% do que escribe está simbolizado ese anceio de emocións que Simbad, disfrazado baixo calquera outro nome, quere vivir.
Tamén asegurou que é escritor porque é lector, por sentir a necesidade de COMER fantasía, e o seu oficio é realmente un pracer para el.
Descubriunos que o seu libro preferido é Xeración perdida, aínda que non sexa o mellor.

Para presentalo, 5 alumn@s de 2º de ESO representou unha pequena obra teatral que incluía poñerlle un parche de pirata. Foi o noso especial agasallo, que agardamos fose do seu agrado.



Grazas, Francisco, por vires. Grazas, Ernesto, por traérnolo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario