5 de mar. de 2010

Ábrovos unha xanela da miña casa interior

Anxos García Fonte fala en A Nosa Terra do mundo dos blogues:

Detrás do blog Nubosidade Variábel está Suroeste, que en realidade é Anxos García Fonte. Esta docente e investigadora venceu a timidez e lanzouse de cheo a percorrer as múltiplas posibilidades que lle ofrece a rede creando o seu propio blog. Catro anos e medio despois de dar o paso confesa que se sorprende ao reler as súas coitas e asegura que o seu é un blog que continuará mentres teña cousas que contar.

Que é 'Nubosidade Variábel'?

Nubosidade Variábel é unha especie de diario que non é de todos os días nin constata fielmente a miña vida pero rebela fielmente o meu pensamento... É un espazo meu, moi particular e íntimo no que intento expresarme. E fágoo falando de todo, dende temas sociais a políticos que me afectan dun xeito ou outro. Tamén é un vehículo de expresión literaria no que escribo sen grandes pretensións. Para min o meu blog é un espazo principal que, dentro das miñas limitacións, ocupa un lugar primordial na miña capacidade intelectual e artística... Non o concibo como unha actividade secundaria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario