1 mar. 2010

Con Tadashi Yamamoto

Hoxe contamos no centro cun invitado de excepción: Tadashi Yamamoto, un antropólogo xaponés que nos deu unha lección a aqueles que non falan galego "porque non serve para nada", demostrando que a nosa lingua interesa noutras latitudes tan afastadas como a nipona. Yamamoto é profesor catedrático da Universidade de Tenri, especializado nos temas antropolóxicos mexicanos, como festas calendáricas e cosmoloxía dos antigos mexicas (aztecas), ritos agrícolas e sincretismo dos indíxenas contemporáneos, movemento social e cultural dos migrantes indíxenas mexicanos nos Estados Unidos.

Yamamoto impartiu dúas charlas: unha dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato quen previamente estudara a cultura xaponesa co profesorado de Antropoloxía.
Este é o texto que nos achegan:
Como introdución á cultura xaponesa dedicamos un tempo á aprendizaxe e práctica dun xogo tradicional e moi actual en Xapón, o IGO, coñecido en Occidente como GO; asumíase que unha formación intelectual non era completa se non sabía xogar ao Igo. Representa a oposición de forzas e a harmonía que trascende ao conflito entre elas, producindo beleza, orde e relación. É dicir, o Ying e o Yang plasmado nun xogo de natureza bélica e de conquista territorial.
Para completar a nosa aproximación a esta cultura, estamos a traballar un libro que é a edición impresa dun blogue (http://www.kirainet.com/) en lingua castelá sobre o Xapón. O seu responsable é Héctor García, un español alí afincado, e o libro podedes atopalo na biblioteca: Un geek en Xapón.

E unha segunda charla dirixida ao alumnado de 1º de ESO onde se centrou no método de escritura xaponesa, servíndose dos libros da exposición URBI ET ORBI.
Falounos tamén da idea de globalización, do respecto por todas as culturas e por todas as linguas, máxime se esa é nosa.




Rematou ambas charlas cantándonos unha cantiga tradicional xaponesa e...


video
Grazas, Xaime

No hay comentarios:

Publicar un comentario