1 mar. 2010

URBI ET ORBI

Estes días contamos no centro coa exposición "URBI ET ORBI": Do galego para o mundo e do mundo para o galego. A primeira parte desta é un préstamo do IES María Soliño de Cangas, a quen desde aquí damos as máis efusivas grazas: é unha exposición fantástica; consta de 6 grandes paneis informativos sobre o mundo da tradución (orixes da tradución mundial e da literatura galega, exemplos, literatos máis traducidos...) que se completa cunha mostra de libros orixinariamente escritos en galego traducidos a outros idiomas. Por suposto, a "estrela" é Rosalía de Castro en xaponés, aínda que Cunqueiro en árabe non lle anda moi lonxe.
Puidemos completar a exposición con libros prestados por Chus Pato, a editorial Galaxia e a editorial Sotelo Blanco: a todos lles damos as grazas, posto que son libros que todos eles teñen en grande aprezo.
O noso centro decidiu aproveitar para completar a exposición cunha segunda parte: "Do mundo para o galego". Unha mostra de libros escritos orixinariamente noutras linguas que podemos disfrutar na nosa e que falan precisamente da normalización dunha lingua; unha lingua normalizada contaráa con maior número de traducións (se comparamos co número de traducións que existen en catalán veremos que lonxe estamos da saúde lingüísitica). Contribúen as editorias Galaxia, Xerais, Consorcio, Kalandraka e OQO. Grazas!
Ademais, o alumnado completa un cuestionario que axuda a fixar a súa atención en todos os detalles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario