19 mar. 2010

Retrato dunha iniquidade

Recollo dende O enigma Albixoi:

Este gobernucho non deixa nunca de sorpendernos. Pero para o malo, non vaia ser. O último foi a lectura por parte do noso (e poño noso con minúsculas, xa que un Presidente que se tivese por tal non faría nunca esta manipulación torticeira de Castelao fundamentándose nunha tradución de Blanco Amor. Non dixo que esa tradución foi posíbel polo magnífico réxime de liberdades das que gozaba a súa amada España nese momento e do réxime de liberdade da que gozaba o idioma galego) presidentucho da Alba de Groria de Castelao, pero en castelán. Como bo trampulleiro, fixo trampa ao solitario. Quede sobre a súa conciencia toda esta iniquidade. A Historia encargarase de xulgalo como realmente é: un traidor ao seu país.


No hay comentarios:

Publicar un comentario