13 abr. 2010

GALICIA CON GARZÓN


A PLATAFORMA "GALICIA CON GARZÓN" CONVOCA UNHA CONCENTRACION DE APOIO O VINDEIRO DÍA 21, MÉRCORES, ÁS 19:30 HORAS, DIANTE DO TSXG EN CORUÑA





A Plataforma Unitaria "Galicia con Garzón e coas vítimas do franquismo" convoca a toda a cidadanía de Galicia a unha CONCENTRACIÓN diante do TRIBUNAL DE XUSTIZA DE GALICIA na Coruña, o vindeiro día 21, Mércores, ás 19:30 horas, para manifestar o apoio e a solidariedade co xuiz Baltasar Garzón Real que, ó día seguinte, o 22, podería ser apartado da carreira xudicial por abrir unha investigación sobre os crimes da guerra civil e do franquismo, dando así amparo e satisfacción ás familias das vítimas.
"Galicia con Garzón" está formada por numerosas entidades da sociedade civil galega, sindicatos, fundacións, organizacións pacifistas, de loita contra do narcotráfico, así como personalidades da vida cultural galega.
Esta foi a conclusión máis relevante da reunión que mantiveron hoxe 12 entidades nos locais do Seminario Galego de Educación para a Paz en Compostela.


Manuel Dios Diz
Presidente
Seminario Galego de Educación para a Paz
FUNDACION CULTURA DE PAZ
http://www.sgep.org/
Tfno: 981-554053
Rúa do Valiño 13-1º
15703- SANTIAGO DE COMPOSTELA

No hay comentarios:

Publicar un comentario