9 de maio de 2010

Outro punto de vista

En Galicia Hoxe:

Teresa Conde-Pumpido, presidenta do Consello Consultivo, asegura que os membros do organismo dubidan da legalidade dalgúns aspectos do Decreto do Plurinlingüismo.


Preside un organismo descoñecido para a cidadanía pero fun­damental para que as adminis­tracións redacten normas que se axusten á legalidade. Teresa Conde-Pumpido leva xa dous anos á fronte do Consello Consultivo de Galicia, cargo ó que chegou tras abandonar o seu posto de maxis­trada no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A próxima semana o Consello desvelará a súa opinión sobre un dos proxec­tose máis polémicos do Executivo de Feijóo, o Decreto do Plurilingüísmo e Teresa Conde-Pumpido fala dalgunhas das dúbidas do organismo consultivo.

Como vai o ditame sobre a legalidade do decreto do pluril­ingüismo?

O proxecto de ditame entregouno o relator o mércores e convoquei o pleno para o luns e ese día o discutiremos.

En que sentido vai?

Hai un proxecto, pero xa ver­emos se estamos de acordo ou non estamos de acordo. Hai cousas que antes xa fomos prediscutindo, hai moitos puntos de vista xa veremos.

Dubidades da legalidade dalgún punto concreto? Falouse da consulta ós pais ou da po­sibilidade de que os alumnos usen a lingua que queiran na aula.

Hai en varios puntos nos que hai dúbidas. Pero ás veces temos dúbidas e finalmente chegamos á conclusión de que non é legal, e outras temos dúbidas pero iso non quere dicir que sexa ilegal. Ata o mércores non acaba o prazo para entregrar o ditame. Se acabamos o luns pois mellor, pero se a situación se prolonga ou hai que facer reformas, temos ese pequeno lapsus para poder entregalo dentro de prazo.

Adoitan facer caso as administracións dos ditames do Consello ou elixen o que máis lles convén politicamente?

Á fin e ao cabo, salvo en cousas moi excepcionais, os nosos di­tames non son vinculantes. Pero fannos bastante caso, son ­con­scientes de que somos un órgano independente que damos un con­sello no que nós cremos como xuristas que é acertado le­galmente. En momentos determi­nados prima a posición política e se cadra como en dereito tam­én hai moitas visións, poida que sexamos nós os que non estamos acertados.

Consúltavos máis a adminis­tración autonómica que o local.

Nacemos como órgano da ad­ministración autonómica, pero tamén de toda a administración en Galicia. Non toda a adminis­tración local consulta cando ten que consultar e ademais po­deriamos axudalos, sobre todo a concellos pequenos que non teñen tanto asesoramento ou non teñen posibilidades económicas.

Sería necesaria unha mellor re­dacción das leis para que se entenda claramente o que din e acabar así con moitos dos problemas de interpretación?

Nós nos ditames sobre normas non só facemos observacións de legalidade, tam­én facemos observacións de mellora, que en xeral, están para impedir inseguridades xurídicas. Na norma, a mensaxe ten que chegar ó cidadán de xeito claro. Cando me parece que quere dicir iso, pero se pode entender outra cousa, entón hai que cambiar a norma, hai que redactala doutro xeito.

Que tal están as da Xunta?

Sempre hai observacións de mellora. Ás veces nas normas dísenos que é que xa o puña mal na lei que desenvolven. Amiúdo púñao mal porque se chegaron a acordos entre partidos para modificala e un esquécese que a redacción é im­portante, porque se non a mensaxe logo non chega.

Esta semana Galicia foi a anfitrioa do Encontro dos consellos consultivos do Camiño de Santiago. Cales foron as vosas conclusións?

A principal conclusión é que é bo manter encontros entre os distintos consellos con­sultivos de todas as comunidades autónomas porque nos axuda a nós e polo tanto ás ad­ministracións e ós ciudada­nos. Unha das decisións é que imos facer unha páxina web que sexa colectiva para axudarnos uns a outros e tamén para os cidadáns que queiran coñecer algún tema, que saiban o que se di nos consellos consultivos.

O papel do ex presidentes da Xunta no órgano

Falastes de urbanismo e das sentenzas de derruba. Os afectados amiúdo contan coa licenza municipal en regra Como poden chegar a pasar é­tas situacións?

Pasan, pasan e o certo é que a lei prevé a responsabilidade da administración ou administra­cións. Pode ser que a licenza estea mal dada ou que despois cambie o planeamento e que primeiro lle beneficiase e logo de súpeto lle prexudique. Ás veces os concellos pequenos descoñecen a protección ó patrimonio que dá a lexislación autonómica. Si, hai situacións para as que deas­graciadamente todo iso pode pasar. A única solución é que hai que indenmizar.

Pero as indemnizacións ou non chegan ou o fan tarde.

Nós discutiámolo no encontro, que administración pode responder e que hai que indemnizar? Ás veces non chegan só­ os gastos, o que custou a casa, o que gastei no notario ou en facenda e a dor moral de que de súpeto me atope con que tiña unha casa e non a teño? iso tamén hai que indemnizalo.

O consello consultivo acolle os ex presidentes da Xunta. Que papel desenvolven?

Eles teñen a visión do que estivo do outro lado e iso é bo. Emilio Pérez Touriño dinos que lle alegra ver canto discutimos e traballamos, e eu sempre lle fago unha broma: se cadra era mellor que viñesen os presidentes antes de ser presidentes e non despois.

Ningún comentario:

Publicar un comentario