9 de maio de 2010

Vida e obra de Novoneyra




Novoneyra naceu na montaña lucense, en Parada do Courel un 19 de xaneiro de 1930 no seo dunha familia de labradores, e dedicou a súa obra a inmortalizar a bela paisaxe destas serras. Na súa época de estudante en Lugo coñece a Manuel Marías e entre ambos establecen un trato cos intelectuais da súa anterior xeración, como Ramón Piñeiro, Anxel Fole, Luís Pimentel ou Celestino Fernández de la Vega.

Con 19 anos trasládase a Madrid e matricúlase na facultade de Filosofía e Letras, e volta a Galicia en 1951 para facer o servizo militar. Entre os anos 1953 e 1962 volveu a residir na súa amada terra de O Courel, nesta ocasión obrigado polo pleura que o tivo ao bordo da morte.

Xa en 1962, o noso paoeta traballou en programas de radio e televisión en Madrid, e participou nalgunhas das actividades do grupo Brais-Pinto, até o seu regreso definitivo á terra.

En 1973 casa con Alba Rei e teñen tres fillos. Nesa época residían entre Ou Courel e Lugo, ata que se instalan definitivamente en Santiago de Compostela . No ano 1983 Novoneyra foi elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, un cargo que ocupou até a súa morte en outubro de 1999.

Foi un poeta de entrega total, pero non de minorías, xa que sempre se preocupou da comunicación co pobo. Tanto en “Os eidos” como noutras obras, Novoneyra é capaz de evocar eficazmene sensacións táctiles, visuais, auditívas e anímicas mediante a repetición e combinación de fonémas.
En “Muller ao lonxe”reúne unha serie de poemas de amor, algúns xa publicados e outros inéditos.


Un poema dos Eidos:

Ningún comentario:

Publicar un comentario