Xa se poden preparar as probas para o CELGA 1 en liña.
A SXPL convocou o primeiro curso de lingua galega en liña para a preparación das probas de lingua galega deste nivel.
O curso estrutúrase en 30 horas distribuídas en 10 unidades, e utiliza as máis modernas tecnoloxías co obxectivo de acadar o nivel básico de lingua galega, dun xeito atractivo e ameno.
Ademais dos formatos clásicos de preguntas pechadas, para unir parellas ou encher ocos, o curso tamén combina imaxes animadas, textos e locucións, e a posibilidade de gravación da voz do alumno. Compleméntase con fiestras con ligazóns externas nas que o alumnado poida atopar máis información ou explicacións de tipo gramatical relacionadas cos contidos da unidade na que se estea traballando. A avaliación do curso realízase mediante tests e todo o alumnado contará coa supervisión dun titor.
O curso desenvolverase entre o 4 setembro e o 12 de novembro de 2010, e as persoas interesadas deberán f

Incluirán os seguintes datos:
* Nome e apelidos
* DNI con letra
* Enderezo electrónico e teléfono de contacto
* Lugar de residencia
* Nivel de estudos
As persoas solicitantes destes cursos deberán dispor dun equipo informático cos seguintes requisitos técnicos:
* ordenador con conexión á internet
* plugin de flash descargado e actualizado
* conta de correo electrónico
A data límite para solicitalo é o 15 de xullo, e a a selección farase por rigorosa orde de matrícula ata cubrir 105 persoas (límite de admisións).
Poden solicitar máis información nos teléfonos:
981 957654 – 981 544402 – 981 546835
A listaxe de persoas admitidas poderá consultarse na páxina web www.xunta.es/linguagalega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario