Os nosos compañeiros de Trafegando Ronseis xa publicaron esta entrada o día 6 de maio, e a nós pasóusenos publicala aquí tamén. Algo que agora solucionamos. Recollemos integramente:
Reverso Comunicación Cultura e Lingua desenvolve con 2.0 Editora esta campaña, proxecto de fomento do hábito lector dirixido a mediadores de lectura no Mes das Letras. Un proxecto 100% capital privado co que pretenden implicarnos no fomento dos hábitos lectores en galego.
Celebremos o Día das Letras Galegas mergullados/as nun libro galego e continuemos esa experiencia todos os días. Lermos en galego é un acto subversivo pois é unha maneira de rebelión. Tamén é un acto revelador porque imos descubrir unha riqueza que nos emocionará, sorprenderá e impresionará. Nós, os lectores e as lectoras, tamén necesitamos os escritores e escritoras pois conforman a nosa identidade cultural. Fan que as nosas referencias literarias sexan propias e orixinais.
En maio, e todo o ano, debemos defender a nosa lingua e tamén a nosa literatura. A mellor maneira é séndomos militantes da cultura galega. O noso orgullo de sermos galegos e galegas debe manifestarse nos nosos actos cotiáns. A lectura de libros galegos é un acto que nos identifica. A cultura non debe ser só palabras senón tamén feitos. Feitos como mercar libros galegos, música galega, arte galega, porque iso tamén forma parte do noso compromiso e da nosa vida.
Para moitas persoas a literatura galega aínda é un descubrimento por facer. Axudemos a estender a nosa literatura agasallando libros galegos ás persoas que queremos. É unha forma de demostrar o noso cariño cara a eles/as e tamén cara a nós mesmos/as pois a literatura é parte da identidade cultural do noso pobo. Fagamos de activistas literarios/as nas nosas relacións sociais e persoais. Sexamos embaixadores/as da nosa literatura.
Lermos a nosa literatura actual asegura a existencia da literatura nacional. De que serve a lingua se non hai falantes? De que serve a literatura se non hai lectores e lectoras? A lingua e a literatura van da man como expresou no discurso de ingreso na RAG Manuel Rivas. Usemos o galego, existamos en galego e gocemos co galego das obras dos nosos escritores e escritoras.
O domingo foi o día dos maios, festa tradicional na que se lle dá a benvida á primavera. O maio máis coñecido é o de Manuel Curros Enríquez:
Eu sonvos o probe
do pobo galego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno! ...
Esta denuncia da realidade debe servirnos para cambiarmos a sociedade. A literatura fai que deixemos de ser pobres de espírito e así puider afirmar algún día que nas letras galegas sempre é maio e que non hai inverno.

Ningún comentario:
Publicar un comentario