Información en A Nosa Terra:
Os coordinadores central e provinciais dos equipos de normalización, Olga Iglesias, Mercedes Queixas, Carlos Vázquez, Paulino Peña e Iago Castro, deixan os cargos que exercían desde hai tres anos e medio.
Nun comunicado, feito público este xoves, recibiron a solidariedade da CIG-Ensino, que se fixo eco desta renuncia pola preocupación manifestada desde moitos centros ante a marcha de persoas que viñeron "desenvolvendo o seu traballo en prol da nosa lingua, propiciando pasos adiante e melloras en diferentes aspectos, e que supuxeron un avance importante polo seu labor de asesoramento aos centros cos que mantiñan contacto permanente".
O sindicato pide a dimisión do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, "pola súa actitude antigalega. Desde a toma de posesión veu dando mostras continuadas e inequívocas de que a súa posición é contraria ao noso idioma, adoptando constantes medidas contra el".

Traballamos con eles. Foron de gran axuda. Teñen dignidade.
ResponderEliminarEsta Secretaría terá que apartar os traballos que eles axudaron a poñer enriba da mesa porque non serán quen de borralos e ademáis xa perderon a partida porque imos seguir traballando. Que o saiban!