10 de xuño de 2010

Manual básico de documentación administrativa e xurídica da Xunta de Galicia


Acaba de sair á luz unha nova edición do Manual de documentación administrativa e xurídica da Xunta de Galicia.

A publicación, elaborada pola SXPL e a EGAP, incorpora, por primeira vez, modelos de documentos xurídicos.

Con este documento preténdese contribuír ao proceso de modernización lingüística e de actualización da linguaxe xurídica e administrativa, que tradicionalmente responde a modelos ríxidos e arquetípicos, colaborando así na modernización e na mellora da calidade dos servizos públicos ao achegar á cidadanía unha linguaxe clara e precisa. Asemade, axuda ao persoal da Administración a adecuar os seus escritos a uns modelos claros, onde se prima a simplificación da linguaxe, tanto administrativa coma xurídica.

A obra está estruturada en catro apartados:

- Guía rápida para a redacción administrativa e xurídica.
- Modelos comentados de documentos administrativos.
- Modelos comentados de documentos xurídicos.
- Bibliografía e ligazóns de interese.

Pódese descargar en PDF

Manual básico de documentación administrativa e xurídica da Xunta de Galicia (PDF)

Ningún comentario:

Publicar un comentario