20 de xuño de 2010

A Mesa lanza o certificado "Abertos ao Galego"

Lemos no blogue de Carlos Callón:


Hai moitos motivos polos que podemos escoller unha empresa, un comercio, un restaurante... Para unha parte da sociedade galega, entre os elementos que temos presentes na selección está se respectan ou non os nosos dereitos lingüísticos. Entendemos que apostar por quen aposta pola nosa cultura é unha forma de consumo responsábel.

Nesa liña, A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou hoxe un certificado destinado a todas aquelas entidades que queiran manifestar o seu apoio á lingua de Galiza no ámbito socioeconómico. Trátase de Abertos ao Galego.

Anímovos a que poñades a páxina web deste proxecto entre as vosas favoritas e que consultedes como vai crecendo desde as 62 empresas actuais até crearmos unha extensa rede que alicerce con máis forza os nosos dereitos lingüísticos presentes. E tamén o noso futuro.

Como consumidores, teñámolo en conta. Que esas empresas que defendan o galego se sintan, tamén elas, defendidas polos consumidores preocupados pola nosa lingua

Ningún comentario:

Publicar un comentario