O Consello da Cultura Galega presentou a web Atalaia: base de datos e centro de recursos: iníciase cunha mostra de artistas, que a finais de 2010 contará con información e obras de 50 creadores aos que no 2011 se lle engadirán outros 50, combinadas con información relacionada sobre todo tipo de eventos artísticos celebrados no país entre hoxe e o 2005 (exposicións, feiras, congresos...), publicacións periódicas e non periódicas dedicadas á arte contemporánea e información sobre os espazos e entidades que promoven a arte contemporánea actual. Atalaia combinarase tamén coa actualidade da arte en Galicia, a través da integración coa fluxo de noticias de arte que elabora culturagalega.org.
A maiores, Atalaia dispón de ferramentas de divulgación para introducir aos usuarios nas tendencias e características da arte contemporánea galega actual. É o caso dos Itinerarios, visitas guiadas a os fondos da base de datos por parte de comisarios que introducen ao visitante nas características das obras de arte seleccionadas.
Preme na imaxe:
Preme na imaxe:
Ningún comentario:
Publicar un comentario