O día que naceu Chuza só tivo 25 usuarios únicos. Era o 20 de febreiro de 2006 e botaba a andar o primeiro portal de información en galego no que os internautas, cos seus envíos e votos, decidían a importancia das noticias.
A fórmula, copiada como o código do español Meneame.net, funcionou. Chuza! converteuse nun fervedoiro de noticias, a miúdo novas procedentes de blogs á marxe da visión tópica dos grandes medios de comunicación.
Os 25 usuarios únicos superaban os 6.000 un ano despois. Os xornalistas comezaban a acudir a Chuza! para adiantarse á actualidade, en particular do nacionalismo.
E é que o feito de estar en galego axudou a que Chuza!, segundo recoñeceu o seu creador Berto Yañez, a converterse nun foro de referencia para os galeguistas.
Esta característica, clave do seu éxito, terminou por ser un factor na súa morte, anunciada hoxe por Yañez. A diversidade ideolóxica das noticias subministradas e votadas polos cidadáns minguou e moitos internatuas abandonaron o portal ou convertéronse en usuarios pasivos. Porén, Chuza! seguiu mantendo unha considerábel audiencia, a miúdo este ano por riba dos 3.000 visitantes únicos.
Unha base de lectores que non lle compensaba ao webmaster de Chuza!, socio e coordenador da axencia A Navalla Suíza. Chuza! deixou hai meses de publicar publicidade. Berto Yañez levaba meses sen incorporar funcionalidades ao portal, como si fixeran moitos dos seus “familiares” no Estado e outras autonomías. E finalmente hoxe, ao rebufo do anuncio da fin de Vieiros, anunciou o seu feche o 25 de xullo.
Yañez tentou que o proxecto non morrese, traspasando o portal a algún colectivo ou asociación. Ninguén aceptou até o de agora a responsabilidade técnica e legal de darlle servizo a unha comunidade de usuarios tan grande. O webmaster sigue intentádoo. "Calquera iniciativa que xurda e sexa representativa da comunidade actual será enlazada visiblemente ao acceder a chuza.gl no futuro", promete Ber.to.
chuza e éxito son dous termos contradictorios
ResponderEliminaro soft de chuza está morto dende sempre. As colaboracións dan pena. Purgouse calquera crítica e sen ideas chuza caeu polo seu propio peso