26 de xul. de 2010

Méndez Ferrín obtén o Premio Fernández Latorre

O escritor e presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, foi galardoado co Premio Fernández Latorre na súa 52.ª edición, en recoñecemento á súa fecunda traxectoria literaria e periodística.
"O xurado tivo en conta --din a acta-- a súa longa e fecunda traxectoria literaria, que o ten convertido na figura fundamental das letras galegas do último medio século, non só pola súa faceta narrativa e poética, senón tamén pola súa vasta produción periodística e polos seus traballos de investigación e de crítica. Salientou ademais o seu compromiso constante e irrenunciable coa lingua e a cultura galegas, polas que Méndez Ferrín ten traballado con afouteza durante toda a súa vida e que ten inspirado a súa obra literaria, o seu labor docente e investigador e a súa actividade pública"
MÁIS información, en La Voz de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario