Segundo indica a CIG nun comunicado, esta orde, publicada o martes, "ten por único obxecto reducir a presenza" do galego no ensino o próximo curso mediante unha medida que o propio Consello Consultivo "considerou contraproducente", como é o desenvolvemento dun máximo dun terzo do horario escolar neste idioma.
"Estamos diante dunha orde publicada co único obxectivo de reducir a presenza do galego no ensino", explica o secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, que considera ademais "imposíbel dar crédito a que a implantación dun terzo do horario en inglés vai supoñer máis destreza nesta lingua".
En particular, a CIG critica que esta orde "estabelece unha barreira selectiva e segregadora para o alumnado", xa que "dá lugar á clasificación dos centros e do seu alumnado dende un punto de vista elitista e contrario á equidade", así como "unha aberración pedagóxica".
Ningún comentario:
Publicar un comentario