Luisa González Rodríguez en Terra e Tempo:
Nin gosto do fútbol un ápice e dende logo moito menos do acontecemento mundial que está a inundar as persoas dun espasmo supino cegando até límites insospeitados a capacidade de raciocinio e chegando a confundir ideas con emocións e contradicións individuais de cadaquén.
Nunca vira tantas bandeiras de España ( agás as bandeirolas que se colgan nalgunhas festas populares) nas vilas e nas cidades galegas penduradas dos balcóns, nas portas dos bares ( algúns contando con até 3 bandeiras grandes de España no mesmo establecemento). A isto sumarlle as que portan ( a modo de indumentaria obrigada, cuase como se dun uniforme se tratara ) cada vez que saen a ver un partido, igual que as camisas da Selección, que se mercan para todos os compoñentes da familia. Deben estar a moi bo prezo, porque a crise neste tipo de enseres esváese ( tirar o diñeiro, digo eu, ... aínda que cadaquén é libre de empregar os seus cartos no que queira).
Evidentemente, aínda que non goste deste fenómeno mediático, que non vou denominar deporte, porque iso é outra cousa, e neste caso hai outro tipo de intereses, de mercado.... Ben o define o benquerido Eduardo Galeano "La historia del fútbol es un triste viaje del placer al deber. A medida que el deporte se ha hecho industria, ha ido desterrando la belleza que nace de la alegría de jugar porque sí. "
E se xa rexeitaba o fútbol, o peor quedaba por vir, cando puiden aprezar como ademais se utiliza para desprestixiar unha vez máis as mulleres. Digamos que a violencia simbólica exerceu o seu papel. Cando España perde contra Suiza as culpas recaen sobre unha correspondente dunha canle privada. Imaxino que saberedes do que estou a falar, da sexi, da guapa, da causa da perda da Selección española, da persoa que distrae e non é boa influencia para o porteiro da Selección Española ( ou de La Roja, ou como lle chaman en Estados Unidos " la furia española").... O tratamento que se lle está dedicando a esta xornalista por estar relacionada sentimentalmente cun dos xogadores da selección evidencia a persistencia das actitudes e comportamentos sexistas nos medios de comunicación exemplificados na prensa británica e tamén na española. Como ben sabemos, as prácticas socializadoras transcenden da mera protección normativa.
Foi a prensa británica quen recolleu como feito noticiábel que a presenza de Sara Carbonero fora a causa da perda da Selección.Isto, sen obviar que os medios de comunicación españois fan este mesmo tratamento pero dunha forma máis sutil. Como afirmou o presidente da AMP: "La presencia de Sara Carbonero es un ejemplo de malversación de los valores del periodismo en una televisión". Pero os precedentes xa emerxían no Estado de orixe da xornalista antes de trasladarse a África para desenvolver o seu labor profesional.
Eu non podo valorar se esa muller exerce ben o seu traballo como xornalista ou non, que sería do que teríamos que falar, agora o que si me parece denigrante unha vez máis, e acontece todos os días desde que as mulleres acceden a postos de relevancia pública é a forma de valorar a profesionalidade das persoas dependendo do sexo de cadaquen. Se es muller, valórase o aspecto externo, e se es home resáltase a capacidade intelectiva. Neste caso, o único importante de Sara Carbonero, é a súa beleza, os ollos azuis, e que mantén unha relación sentimental cun xogador de fútbol de primeira, como podemos ver no wikipedia: "Mantén unha relación co porteiro do Real Madrid, Iker Casillas. Durante a celebración da Copa Mundial de Fútbol de 2010, na que traballou como correspondente de Telecinco, foi obxecto de atención mediática mundial ao suxerirse unha vinculación entre a derrota da Selección de fútbol de España no primeiro partido do campionato e a súa relación co xogador".
Pois ben, o único que debera importarnos ou importarlles aos e ás espectadores/as do mundial de fútbol é a traxectoria de xornalista desta muller. Entrar noutro tipo de detalles é xogar co morbo, é utilizar a imaxe da muller como un obxecto. E isto ten un nome, violencia simbólica, unha violencia nun primeiro momento menos visíbel, que se exerce principalmente a través da comunicación e o coñecemento, a través do simbolismo, o propio sentimento e as emocións implicadas nun proceso comunicativo. Esta violencia é a que se proxecta por exemplo ao aparecer as mulleres en moitas mensaxes audiovisuais como obxectos de desexo ou vítimas pasivas, en vez de como axentes de decisión e de cambio. Co cal, se o fútbol xa propiciaba outros tipos de violencias, agora tamén se converte nunha arma para atacar as mulleres. Correspondente deportiva, de sexo muller, nun mundo de fútbol, masculinizado. Por que non se fala dos méritos e desmeritos desa profesional?
E seguramente diredes moitos e moitas de vós que isto é ensarillar todo, e que a esa xornalista lle vai ese mundo televisivo ( non o sei nin me importa, e pode ser dende logo), pero o que non se pode consentir é que no século XXI se siga mirando para as mulleres como "acompañantes de", "relacionadas con" e non se fale de "que fai", de "como traballa ".... Séguese a medir con diferente criterio homes e mulleres. E isto non é nada novo, un episodio máis que se dá a miúdo noutros eidos da esfera pública ( na política, no mundo empresarial...). Simplemente que sirva como reflexión para pensar antes de facermos comentarios deste tipo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario