Xabier Campos en Terra e Tempo:
"O castelán medieval procede directamente do latín vulgar que as tropas romanas introduciron en España. Aínda que o latín seguiu utilizándose como linguaxe litúrxica e cultural, foron as distintas linguas romances as que se impuxeron na fala da Idade Media en España."
Con parágrafo tal dá comezo o capítulo A lingua e a literatura na idade media do volume A cultura e a literatura trobadoresca, primeiro dunha serie que anda a comercializar nas fins de semana un coñecido xornal conservador coruñés, baixo o título A Historia da Literatura Galega. As negriñas son nosas, para sinalarmos o abraio diante do disparate e dos anacronismos conceptuais. Un parágrafo que serve para condensar e exemplificar o desleixo, a ausencia de rigor científico e a mistificación groseira que a cultura de noso ten aínda hoxe que padecer de mans dos que -con patrocinio da Xunta de Galicia, do Xacobeo 2010 e do 2010 Ano da Lectura- seguen imbéciles e escuros a traballar no camiño da rexionalización para turistas da nosa identidade. Para ilo acadando semella xa valer calquera cousa, desde iniciar un texto sobre a historia da literatura galega falando das orixes da lingua castelá até o emprego e translación do concepto España a un momento histórico no que era inexistente como realidade sociopolítica. O formato ou a vontade divulgativa da publicación en ningún caso xustifican nin a ínfima calidade dos textos nin, moito menos, a extravagante redacción e a falsidade conceptual dos contidos.
Poucos días despois celebrouse en Santiago de Compostela unha Feira Medieval que tivo tres días ocupado o casco histórico. Digo celebrouse en porque Compostela non foi suxeito, non celebrou. Celebrar celebra Pontevedra a Feira Franca, desde a participación veciñal asociativa e desde a recuperación da historia local, dun xeito colectivo, festivo e socializador. Mais non Compostela esta Feira Medieval con cheiro a marca rexistrada de quita e pon, na que a cidade muda en simples decorado dun espectáculo exótico e kitsch que, en conxunto, podería terse estabelecido do mesmo xeito e cos mesmos obxectivos en calquera outro lugar da Península. Galiza, a súa lingua, a súa cultura, estiveron por suposto desaparecidos, reducidos a polbo e a churrasco, a consumo de todo a cen para reforzamento dos tópicos. Estuve en Santiago y me acordé de ti. Será esta a alteridade que quere amosar o Xacobeo aos que ao noso país se achegan? É este o modelo de celebración festiva pola que aposta o Concello? Semella que somos, efectivamente, unha ración.
Os exemplos foron estes, mais infelizmente poderían ser outros, porque non faltan ao longo do país e no paso dos días. Rexionalización, subordinación cotiá, ocultamento da propia identidade e socialización dos discursos alienantes. Non resulta fácil non caer no desánimo, e máis en días nos que, aínda por riba, se pon en evidencia tamén o uso ideolóxico -eficaz e mobilizador coma poucas cousas- do deporte para a construción da España una. Con todo, o noso pesimismo debe ser reactivo e levarnos, coma sempre, da indignación individual á organización e á loita colectiva, desde a pedagoxía, a firmeza e a humildade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario