21 de xul. de 2010

Feijoo instaura o 25 de xullo bilingüe

Lemos neste blogue:

Desde que Feijoo é Presidente da Xunta de Galicia, o 25 de xullo deixou de ser chamado polo seu nome oficial (Día Nacional de Galicia, denominación que data de 1979) e pasou a ser o "Día de Galicia" a secas. Este ano, preséntase unha novidade máis: ata mesmo nesa sinaladísima data, Feijoo pretende impoñer o bilingüismo. Iso si, un bilingüismo co español en primeiro lugar, como corresponde á xerarquía ideolóxica dos ocupantes do Goberno galego.

E é que o domingo, como é tradicional, se entregan as Medallas de Ouro de Galicia do ano 2010, que nesta ocasión serán entregadas ao Cabido Catedralicio de Santiago e a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe. Pois ben, o Presidente da Xunta enviou (por correo electrónico e postal) aos convidados un texto perfectamente bilingüe: primero, en español de Valladolid (Se complace en invitarle); e despois, en galego de San Caetano (Comprácese en convidar a vostede). E para que ningún convidado se confunda de vestimenta neste tempo estival, adxúntase unha nota protocolaria -sintomaticamente denominada, exclusivamente en castelán, Tarjeton Protocolo- en ambas linguas, que reproducimos abaixo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario