26 de xul. de 2010

A fiestra non baldeira

Recólloo con retraso, posto que é o do sábado, pero non estiven...:

fiestra1

Nesta foto dunha xanela do Museo do Pobo Galego tirada desde a cafetería do Centro Galego de Arte Contemporánea en xuño deste ano, albiscamos unha Fiestra non baldeira. Nela emerxe unha Galicia inmaculada nun marco verde-esperanzador, nun contexto rexo e pétreo como é o noso Pobo Galego.

Vemos o marco no que está inscrito esta nosa Galicia cun ton de cor xa un pouco gastado, con matices canseiros de moitos anos cara a adiante e cara a atrás, Un paso adiante e outro atrás, Galicia escribía Díaz Castro no seu poema Penélope (1961),e hoxe decatámonos de que non cambiaron moito as cousas respecto da nosa lingua, seguimos ás voltas co novo decreto, mareando o peixe que diría o vello mariñeiro da Fiestra Valdeira

Non é esta da fotografía A fiestra valdeira (1927) do escritor rianxeiro Rafael Dieste, peza na que a trama se move ó redor dun retrato no que aparece o vello mariñeiro fronte a unha ventá que se abre ó mar, que reflicte deste xeito a alma da xente que vive do mar. Salienta Dieste a “autenticidade” dos valores do pobo mariñeiro; e no remate da peza, o vello lobo de mar, agora novo rico, reconcíliase de cheo co seu pasado que rexorde mentres a súa filla está a namorar.

Mañá é 25 de xullo de 2010, día da Patria. Un día para festexar, para gozar, para namorar… para botar a casa pola ventá celebrando o noso día. Todos os galegos/as, como o vello mariñeiro… orgullosos de selo, orgullosos do noso.

Para esta festa, achegamos aquí dúas loas á nosa lingua dos nosos ilustres devanceiros:

Uxío Novoneyra: “A lingua é a única forma audible de supervivencia”.

Manuel María:

O idioma é a chave

coa que abrimos o mundo.

O salouco máis feble

O pensar máis profundo.

¡¡¡MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA O GALEGO!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario