30 jul. 2010

Galicia Bilingüe solicita ser declarada "de utilidade pública"

O que hai que ver... e ler!

A asociación Galicia Bilingüe vén de anunciar a súa intención de solicitar ser recoñecida como "entidade de utilidade pública", unha figura que, explican nun comunicado remitido á prensa, trae consigo, "ademais das súas obvias implicacións sociais, beneficios fiscais tanto para a entidade como para as persoas físicas ou xurídicas que realicen doazóns" ao colectivo.

Apunta o colectivo contrario ás medidas de normalización da lingua galega que, na súa "asemblea anual, celebrada en Santiago", os socios "facultaron tamén á asociación para constituír unha fundación que terá entre os seus obxectivos a promoción da creación cultural nas dúas linguas oficiais galegas".

Nese encontro, explican, a presidenta da sociación, Gloria Lago, "presentou un informe sobre o último ano moi crítico co actual Goberno da Xunta", pero que tamén incide, din, "nos substanciais logros ata hoxe grazas á presión exercida por boa parte da sociedade galega contra a imposición lingüística".

Entre estes "avances", Galicia Bilingüe cita a "marcha atrás na Lei do Comercio", a fin dos exames obrigatorios en galego nas oposicións, ou as modificacións no ensino infantil. Neste contexto, atribúense tamén o logro de "rematar co tabú que existían arredor da mal chamada normalización lingüística".

2 comentarios: