21 de xul. de 2010

Investigadores da USC crean unha tenda on-line de produtos agrarios

Lemos en A Nosa Terra:




O Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio (GIS-T) explicou que a web ten por obxectivo “o comercio xusto entre as familias produtoras e tamén nos mercados urbanos”. O coordinador do grupo, Carlos Ferrás, precisou que a tecnoloxía axuda a “resolver determinados problemas sociais”.

Ferrás explicou que o lema de Granxa Familiar é “o comercio xusto para Galiza” tanto para o produtor que recibe o beneficio directamente, como para o consumidor, que merca o produto máis barato.

A experiencia, que tamén busca frear a perda de poboación no rural, xa se promoveu en 25 concellos de Galiza e participan nela 22 familias.

O éxito deste proxecto provocou o nacemento da Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Familiar, e a iniciativa 'Galicia Auténtica' que deseña programas de visita ás granxas cun dobre obxectivo: didáctico, para centros de ensino; e turístico, para que familias urbanas coñezan o estilo de vida e sistemas de produción dunha explotación agrícola.

Ningún comentario:

Publicar un comentario