13 de xul. de 2010

Saiu Mandriva Linux 2010.1, e témola en galego

Podedes ler aquí a nova.

ndriva Linux, a distro de base francesa, acaba de liberar a versión 2010.1 "Spring". Esta versión "máis rápida e máis sexy" da veterana distribución sae en tres versión diferentes (One Edition, Free Edition e Powerpack), para 32-bits e 64-bits e con GNOME e KDE Plasma SC. Para todos aqueles que queiran probar Linux por primeira vez, Mandriva é unha opción a considerar seriamente.
Os galegos podémola desfrutar na nosa lingua grazas ao traballo do trasnego Alejo Pacín, que continua a tradución noutrora realizada por Leandro Regueiro. Esta versión chega co 78% de interface traducida o que coloca o galego entre as 25 idiomas con bo soporte lingüístico para esta versión da distribución.

Mandriva Linux 2010.1 "Spring" ofrece novidades coma a conta de convidado, un novo método de instalación e un mellorado Mandriva Directory Server. Incorpora recentes versións de aplicativos ben coñecidos coma Mozilla Firefox 3.6.6, OpenOffice 3.2 ou os navegadores Chromium e Opera. Tamén Moovida, un centro multimedia.


A versión co contorno de escritorio GNOME 2.30.1, incorpora un anticipo do novo Gnome-Shell, a nova interface gráfica do contorno que revolucionará a interacción do usuario co escritorio e que veremos desenvolta ao completo na futura versión 3.0. Ao escritorio GNOME incorpóranse o editor de vídeo PiTiVi e o cliente de mensaxería Empathy, en substitución de Pidgin.

Ningún comentario:

Publicar un comentario