Hai cousa dun ano, Twitter comezou a traballar nas versións noutros idiomas da súa versión web. Para isto, e seguindo os pasos de Facebook, a empresa decidiu que serán os propios usuarios da plataforma os encargados de levar a tradución ás súas respectivas linguas.
Un estudo do Web Ecology Project determinou que o idioma galego é o vixésimo segundo máis empregado nos chíos de Twitter, converténdose na primeira lingua non oficial dun estado que aparece na listaxe. [vía http://opaco.org/2009/09/30/a-nosa-lingua-en-twitter/ ]
Actualmente entre as traducións nas que se pode colaborar atópanse linguas como o éuscaro e o catalán, sen estar dispoñible por ningures o idioma galego.
Trataríase de activar a comunidade twitteira galega para reclamar a posibilidade de tradución ao galego facendo ver o peso que ten esta lingua no seu sistema e que hai un certo interese en dispoñer desta funcionalidade, ademáis de demostrar a dispoñibilidade dos usuarios para enfrontarse a unha tradución conxunta do sistema.
Unha vez pasado este trámite sería necesario solicitar o ingreso no equipo de tradución, a través dun formulario que a propia web dispón en http://twitter.com/translate#translate_signup . Logo da aprobación por parte da compañía como tradutor, o usuario dispoñerá na versión web dunha pestana que o levará ao modo de tradución de cadeas de texto, que se integra na mesma ventá.

Cales son as necesidades
· Contacto con Twitter para activar a lingua galega nas dispoñibles a tradución
· Interesados na tradución do sistema [usuarios de Twitter, preferentemente]
· Coordenadores de tradución [Deberán ser usuarios activos de Twitter, con experiencia no uso do sistema, coñecemento do idioma inglés que lles permita levar a cabo as labores de tradución e por suposto, tamén deberán dominar o galego estándar. Non é necesario saber de programación, posto que o sistema de tradución non o require. Tamén se precisa adicación e interese polo proxecto. O seu traballo será acordar unhas normas de tradución para levar a cabo dun xeito ordeado e correcto as labores por parte dos usuarios que se queiran incorporar ao proxecto. Tamén se encargarán de traducir cadeas e de moderar as traducións que os usuarios aporten ao sistema]

Cales son os obxectivos
· Conseguir que Twitter inclúa o galego na lista de linguas dispoñibles para a súa tradución
· Establecer unhas guías e regras para a tradución conxunta
· Colaborar nas labores de tradución
· Revisión das traducións

O básico: cando, onde, para quen...
Para poder empregar o sistema de tradución propio de Twitter é necesario ser usuario e ser aprobado como tradutor da lingua escollida pola propia empresa, logo de solicitalo na web que dispón a tal efecto [http://twitter.com/translate#translate_signup ]. Diríxese entón a aqueles usuarios de Twitter que usan a plataforma en idioma galego e queiran dispoñer da versión web da mesma na lingua do país.
A duración do proceso é indeterminada, pois depende do número de tradutores, da súa dispoñibilidade e duns criterios definidos que axilicen o proceso.

Ningún comentario:
Publicar un comentario