31 de ago. de 2010

A Xunta gasta caseque 2 millóns de euros en privatizar a cita previa

O idóneo para os nosos paisanos. De seguro:

"Se lle doe a cabeza, marque o 1, se ten gripe, prema o 2, con outra enfermidade, espere,...". Parece ridículo pero os teléfonos dos Centros de Saúde de Galicia poderán responder así a partir do vindeiro ano. A Xunta ven de publicar a licitación da atención telefónica sanitaria. Gastará caseque 2 millóns de euros ao ano (1.950.000) en privatizar esta función do Servizo Galego de Saude. A licitación, publicada onte no Diario Oficial de Galicia, pretende centralizar todos os teléfonos de atención médica existente na actualidade. Poñerán un atendedor automático para os pacientes que chamen querendo concertar unha cita na atención médica primaria.

Os usuarios poderán chamar aos seus centros de saúde cunha facturación telefónica provincial, pero as súas chamadas serán desviadas a un número privado 902, que costeará a Xunta. O contestador automático permitirá reducir o número de persoas que deban ser atendidas persoalmente por operadores. Os sindicatos sanitarios critican esta privatización do servizo, salientando que lle sairá máis caro ás arcas públicas da comunidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario