A CIG asegura que a Consellería de Educación censurou na Revista Galega de Eduación un artigo crítico coa xestión de Jesús Vázquez
O sindicato da CIG-Ensino asegura que a Consellaría de Educación exerce "a censura na Revista Galega de Ensino", por verter nesa publicacións opinións contrarias á política que desenvolve a Xunta respecto do idioma galego. A acusación baséase en que o departamento presidido por Jesús Vázquez "recortou varios parágrafos dun artigo dun profesor, no que reflexiona sobre a situación da nosa lingua".
O artigo, asinado por Juan Bautista Mariño Abuín, trataba sobre multilingüismo e apareceu no foro da Revista Galega do Ensino. A sorpresa, subliña o sindicato, foi grande ao ver "o artigo sen aqueles parágrafos que recollían afirmacións críticas sobre a situación do idioma ou sobre a aposta polas linguas estranxeiras, contradicindo a política lingüística da Consellaría de Educación". Ademais a supresión destes parágrafos "fai que o sentido do artigo varíe notoriamente e dunha reflexión crítica sobre a aplicación do multilingüismo pasa a ser unha referencia dunha actividade".
Para a CIG, "estamos ante un comportamento gravísimo, impropio e inaceptábel dunha administración pública que pretende desterrar e borrar calquera opinión incomoda ou critica a súa política educativa e lingüística mediante a censura". Nese sentido, subliña o sindicato que se trata "dunha actuación inxustificábel que lamentabelmente está en concordancia coa actitude antidemocrática autoritaria desta consellaría co seu conselleiro á fronte".
A CIG-Ensino, a mais de denunciar publicamente a actitude de censura por parte da Consellaría de Educación, "esíxelle ao conselleiro que asuma as responsabilidades derivadas desta actuación, dea unha explicación pública das motivacións da censura, que no próximo número publique integramente o artigo deste profesor e que baixo ningún pretexto se volva repetir unha actuación semellante, respectando sempre as opinións do profesorado".
O sindicato remitiu o texto completo do artigo, onde aparecen subliñadas as partes que logo non aparecen na revsita publicada polo departamento de Jesús Vázquez. Deste xeito, desparecen partes como "Cando a Constitución da India recoñece cen linguas autóctonas atopámonos moito máis preto con países como Suíza que xa están cunha nova activación nos distintos cantóns da harmonización das estruturas e obxectivos da escolaridade obrigatoria (proxecto HarmoS). Este é o exemplo se cadra máis claro da conciencia de mellora do ensino plurilingüe. Na escola galega mentres seguen existindo os departamentos de Normalización e Dinamización Lingüística evidente sinal de que esta lingua non se atopa nunha situación de normalidade e por usala podes perder o traballo nalgún hipermercado, nalgún hotel, estaleiro, ... e tampouco podemos enfermar moito en galego, nin morrer na nosa lingua como xa hai anos reclamaban en San Domingos de Bonaval".

Ningún comentario:
Publicar un comentario