"A nosa lingua favorece a empatía"
Lorenzo (secretario xeral de Política Lingüística) di que o galego é unha "responsabilidade empresarial".
Incorporar o galego é "parte esencial" das responsabilidades das empresas que traballan en, ou desde, Galicia. Díxoo o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, na inauguración do acto de conmemoración do 85º aniversario do primeiro Congreso de Economía en Galicia, que se celebrou onte no Círculo das Artes de Lugo.
Anxo Lorenzo incidiu durante a súa intervención na "influencia que exerce a estrutura económica dunha realidade social calquera na cidadanía" e, nese sentido, destacou o factor económico como determinante, en boa medida, das actitudes e dos comportamentos lingüísticos. "Cada vez son máis as empresas que entenden que o galego é rendible en termos económicos porque, como se vén demostrando, a proximidade lingüística cos consumidores xera empatía e favorece a cordialidade e o afianzamento nas relacións comerciais e de empresa", asegurou Anxo Lorenzo.
Lorenzo considera que para acadar unha maior extensión do uso do galego, o ámbito socioeconómico é un piar fundamental. Por esa razón, subliñou a colaboración do seu departamento con entidades como a Confederación de Empresarios de Galicia, o Foro Enrique Peinador, a Federación de Autónomos de Galicia, a Asociación de Profesionais Compostela Monumental ou a Asociación Hostelería Compostela.

Ningún comentario:
Publicar un comentario