26 de nov. de 2010

As razóns de "Profes co Galego"


Xa que estivemos a falar deles, e o claustro lles deu un apoio maioritario, ofrecémosvos algo máis de información sobre o grupo "Profes co Galego".
Engadimos enlace ao seu blog, no apartado "Recursos"

Fervenza de Ézaro


Tamén dende eiquí pedimos a liberdade para o Xallas. Como á lígua, tampouco o deixan fluir ceibe

24 de nov. de 2010

visitounos Breogán Riveiro


Hoxe contamos coa presenza do escritor Breogán Riveiro que nos veu falar sobre o seu libro Tonecho de Rebordechao. Esta novela lérona os alumnos/as de 1º de ESO e tíñan moitas preguntas que facerlle ao autor. Este, dunha forma amena e que chegaba moi ben aos rapaces/as foilles contestando unha por unha as súas preguntas, ademais de aleccionalos para que escribisen "pois todos temos boas historias que contar". Dámoslle as grazas pola conversa tan amena que tivo con todos nós, ademais de asinarnos os exemplares do libro.

20 de nov. de 2010

un home honesto


O día que Sartre falou galego


A coherencia e honestidade de Agustín Fernández Paz ao rexeitar o Premio da Cultura Galega das Letras 2010 lembra ao repudio do Nobel de Literatura por parte do filósofo francés Jean-Paul Sartre.(De Galicia Confidencial)

9 de nov. de 2010

O Samaín 2010

Durante a semana do 25 ao 29 de outubro celebrouse o Samaín no centro. Houbo unha exposición de cabazas decoradas para a ocasión que realizaron os alumnos e alumnas de 1º de ESO.