25 de xan. de 2011

Galicia ou Galiza?

É correcto dicir Galiza?, é menos galego dicir Galicia?, como é que existen dous nomes para un mesmo país?. Son algunhas das preguntas que nos teñen vido á mente en máis dunha ocasión, ben, xa abonda de incertezas e dúbidas, vaiamos ao miolo da cuestión!.

¿De onde procede, e que quere dicir a palabra Galicia/Galiza?
A palabra Galicia/Galiza é a evolución do nome "Gallaecia", -que en latín se pronunciaba algo asi como "Galékia"-. Este nome "Gallaecia" foi posto polos romanos hai máis de 2000 anos, e significaba "Terra dos Galaicos" -os primeiros galegos-.


¿E como pasou de chamarse Gallaecia a Galicia/Galiza?
A verdade é que 2000 anos dan para moito, e os nomes co paso do tempo vanse corropendo para amoldarse máis á lingua da xente. Do mesmo xeito que en 2000 anos, a vella cidade de "Caesar Augusta" pasou a chamarse "Zaragoza" (Zara-goza) ou mesmo a cidade de "Burdigala" é coñecida co nome de Bourdeaux (Burdeos), non debe sorprendernos que "Gallaecia" fora evolucionando ata dicirse Galicia/Galiza.
Pero entón, ¿por qué evolucionou en dúas palabras diferentes "Galicia" e "Galiza"?
Durante séculos a forma inicial, "Gallaecia", foi pasando por numerosos cambios "Gallecia", "Gallicia", "Galicia" e finalmente "Galiza". Estas dúas formas -Galicia e Galiza- coexistiron a finais da Idade Media, como hoxe mesmo ocorre coa xente que di "Ghalisia" "Ghalizia", "Galicia" ou "Galisia".
O certo é que a evolución habitual en galego teria que ter orixinado unicamente o nome "Galiza", porque?, pois porque o galego como tamén acontece co francés tende a evolucionar suprimindo o "i" final das palabras que proveñen do latín, ao contrario que o español ou o italiano que o conservan.

Exemplo:
LATÍN---/---CASTELÁN---------ITALIANO---------FRANCÉS--------GALEGO (RAG-ILG)

Iustitia
.............Justicia...............Giustizia..............justice................Xustiza
Gratia...........Gracia............Grazia...........Grâce.............GrazaGallaecia............Galicia............Galizia..........Galice.............Galiza

¿E por qué non é máis habitual entón a forma "Galiza"?
É lóxico tería sido que "Galiza" permanecera como máis habitual - como aconteceu no portugués-, e non a forma "Galicia" que era máis arcaica, e máis semellante ao latín. Non obstante, o castelán/español colleu o termo galego "Galicia" porque era máis normal na súa lingua, -mantiña o "i" do latín-.
Despois do século XVI, o galego comezou a sufrir unha gran castelanización nos nomes máis relevantes, e asi foronse introducindo nomes casteláns, asi foise remplazando "Deus" por "Dios", "Grazas" por "Gracias", "Gallego" por "Galego" e "Galicia" por "Galiza".

¿Que é máis correcto entón, dicir Galicia ou Galiza?
Ambas formas son actualmente correctas porque ambas son formas xenuinamente galegas. Galicia é un nome galego que está moitisimo máis espallado debido a que coincide coa forma en castelán, mentres que "Galiza" é un nome galego que se foi perdendo en detrimento de "Galicia", pero que posúe unha terminación máis propia do noso idioma (-za) sendo positiva a súa recuperación paulatina.

¿Porqué a maior parte da xente dí "Galicia"?
Principalmente porque é a forma galega que coincidiu coa forma do idioma de Castela. A presión do castelán ten sido moi forte durante os últimos séculos, de xeito que desde a implantación deste idioma en Galicia, se tentou potenciar máis as palabras que tiñan a mesma forma en galego e castelán que aquelas formas que eran exclusivamente galegas, de xeito que paseniñamente se foron espallando palabras aceptadas en ambos idiomas como; "Levantar" (no canto de "Erger"), "Esconder" (no canto de "Agochar"), "Rama" (no canto de "Póla") e tamén "Galicia" (no cando de Galiza") , etc..

¿Son oficiais as dúas formas?
Evidentemente si. As dúas formas están aceptadas como correctas pola Real Academia Galega, o que quere dicir que nun texto en galego ambas teñen validez oficial. Sen embargo, existen exemplos nos que só unha forma ten validez oficial, asi por exemplo "Xunta de Galicia" ou "Fundación Galiza Sempre" son nomes rexistrados que non poden ser escritos doutra forma.
Asi, podemos dicir que Castelao viviu en Galiza ou en Galicia, pero nunca poderemos afirmar Castelao escribira un libro titulado "Sempre en Galicia" senón "Sempre en Galiza".

Cal debo utilizar entón?
Calqueira das dúas. Se consideras importante axudar na recuperación de palabras galegas tal vez sexa consecuente empregar "Galiza", por outra parte, se consideras que non é preciso esa recuperación tal vez sexa máis acertado empregar a forma "Galicia", forma tamén galega. Como estas, existen millóns de razóns para empregar Galiza ou Galicia.
(Por qué Galegos?)

Ningún comentario:

Publicar un comentario