10 de xan. de 2011

Millorará o galego da Cámara?

POLÍTICAO Parlamento organiza un curso de galego oral para os deputados
Os parlamentarios poderán formarse para mellorar a súa expresión oral durante tres meses, a razón dunha hora e media semanal.
XORNAL.COM
O Parlamento de Galicia vén de anunciar a posta en marcha dun curso de lingua galega oral para os deputados, co obxectivo de "contribuír a perfección a produción oral e incrementar a eficacia da expresión das deputadas e deputados, reforzando a comprensibilidade e a fluidez discursiva", explican dende a presidencia da Cámara.

O curso de formación, de tres meses de duración, a razón dunha hora e media semanal, será opcional para os parlamentarios, e enmárcase na "aposta da Cámara por mellorar o uso do galego na súa condición de lingua oficial de Galicia", e tamén como "un dos principais sinais de identidade" do país, destacan.

A base deste curso serán os textos do Diario de Sesións do Parlamento, no que se recollen todas as intervencións dos parlamentarios. A través desta documentación, os organizadores do curso centraranse nos "erros máis frecuentes detectados nos discursos dos deputados galegos".

Ningún comentario:

Publicar un comentario