O castelán perde na UE
A castelá non é válida como lingua de prestixio comercial en Europa, status que a partir de agora terán soamentes o inglés, o francés e o alemán co novo sistema de patentes, aprobado onte no Parlamento europeo.
O Parlamento europeo apostou por un sistema de patentes que coloca o inglés, o francés e o alemán como linguas de prestixio comercial |
O obxectivo da patente única, válida en todos os países participantes, é abaratar custos de tradución e validación, ao que culpan de que unha patente en Europa custe dez veces máis que en Estados Unidos, co correlativo menoscabo á competitividade e atractivo europeo para os investigadores e empresarios.
Segundo declarou na súa intervención no debate o eurodeputado popular Antonio López-Istúriz, "non entendemos por que esta velocidade. O prazo de presentación de emendas foi nimio e non tivemos tempo de ler a opinión dos servizos xurídicos, que ademais só está dispoñible en inglés". O eurodeputado apuntou igualmente que a proposta "corre o risco de fraccionar o mercado interior".
Doce países (Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Lituania, Luxemburgo, Países Baixos, Polonia, Eslovenia, Suecia e Reino Unido) solicitaron iniciar o procedemento de cooperación reforzada para promover a proposta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario