28 de xan. de 2011
Un chisco de humor coas mates e o galego (Carta Xeométrica), e un chisco de realidade e familia monoparental
Ao fío deste chiste veume á cabeza algo que me contaron este ano, e que ten menos gracia por se tratar dun feito real (tristemente real):
Chega unha alporizada señora a un instituto de Pontevedra (de cuxo nome non quero lembrame); aténdea a persoa que mo contou; o motivo do enfado da señora, segundo ela mesma: "claro, te ponen el sobre de la matrícula en gallego, y yo no se gallego , y resulta que tengo que venir aquí....."
A moi paciente, e curada de espanto funcionaria (ben a coñezo e sei o educadísima que é) dille que non hai ningún problema, que lle explique que foi exactamente o que non entendeu, que tentará explicarllo.
Resposta da señora:- claro, es que como yo no estudié mucho gallego, no se que es esto de "familia monoparental" .
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Gosto moito da historia coa que ilustraches o debuxo. Lígoa.
ResponderEliminar